A incorporación da “Educación Ambiental para o desenvolvemento” ao plan de estudios do Grao de Educación Primaria xurde da necesidade de traballar nunha educación que propicie o desenvolvemento integral das persoas e a mellora das condición de vida de toda a comunidade. Esta materia busca a concienciación sobre os problemas ambientais e trata de implicarse na busca de solucións e no cambio dos modos de vida. Con especial atención á ecoloxía, ao desenvolvemento sostible e ao cambio climático, ten o fin de favorecer unha educación para a acción na Educación Primaria.