Traballos tutelados |
Valoraranse as presentacións dos traballos e as exposicións dos exercicios/actividades solicitados ao estudantado de xeito individual e/ou en grupo. Dependendo do carácter da actividade, as notas serán individuais ou para todos igual (p. ex. a presentación dun traballo colectivo proporcionará igual nota a todos/as os/as estudantes que o realizaron; a exposición dun traballo producirá notas individuais). Deberá obtener unha nota de aprobado para poder sumar ó resto dos apartados de avaliación. |
20 |
Cartafol/dossier |
Cada estudante, de xeito individual, deberá presentar un cartafol/dosier dos exercicios, presentacións, exposicións, saídas de campo etc. realizados ao longo do cuadrimestre de xeito individual e/ou en grupo. En definitiva, trátase de que queden rexistradas no cartafol as actividades teórico-prácticas desenvoltas polo estudantado durante o desenvolvemento da materia.
O cartafol será supervisado pola profesora nas sesións cos pequenos grupos. Deberá obter unha nota de aprobado para poder sumar ó resto dos apartados de avaliación. |
20 |
1. Modalidade de avaliación para estudantes asistentes. Como pode observarse a planificación deste proceso de ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua. Será considerado alumno/a asistencial cuando teña unha asistencia mínima do 80% ás sesións maxistrales, un 80% ós seminarios e un 80% ós pequenos grupos. Os criterios e modalidades de avaliacións son os que constan no apartado específico da guía. Lémbrase que cada unha das metodoloxías de avaliación debe estar aprobada por independente para poder superar a materia. 2. Modalidade de avaliación para estudantes non asistentes. Aqueles estudantes que opten por non asistir ás clases, ou non poidan, ou pretendendo ser «estudantes asistentes» teñan menos da asistencia requerida para ser considerados como tal, terán que demostrar -igualmente que os seus/súas compañeiros/as- a adquisición das diferentes competencias da materia, ou sexa, o coñecemento dos seus aspectos procedementais e actitudinais. Isto farano nunha única proba ou exame final o día da convocatoria oficial. O exame neste caso suporá o 100 % da nota do/a alumno/a e nel diferenciaranse as preguntas da parte teórica (50 % da nota final) daquelas da parte práctica que se realizarán mediante supostos prácticos ( 50 % da nota final), estas notas solo farán media e permitiran superar a materia si cada unha das partes (teórica e práctica) están aprobadas por independente. Convocatorias seguintes: Na convocatoria de xullo o alumnado avaliará as competencias e probas non superadas na convocatoria anterior. Na convonvocatoria de xullo o estudantado non asistente terá que repetir novamente o exame completo. Non se gardarán notas de ningunha parte da materia -teoría ou práctica- para o seguinte curso académico. |