Titoría en grupo |
Nas titorías en grupo, o alumnado manterá entrevistas co profesor para o seu asesoramento no modo de resolver as actividades da materia e o proceso de aprendizaxe.
|
Traballos tutelados |
Neste traballo tutelado, o/a alumno/a, de modo individual ou en grupo, deberá elaborar unha investigación sobre a temática da materia ou preparará seminarios, memorias, resumos de lecturas, conferencias etc. Trátase dunha actividade autónoma do/a estudante que inclúe a busca e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía e estruturación e redacción do informe final do tema a tratar no traballo. |
Actividades introdutorias |
Presentarlle ao alumnado a programación da materia Antropoloxía social e cultural. |