Se un/a alumno/a non ten superada a materia, as
competencias non adquiridas serán avaliadas novamente na convocatoria de
xullo. Segundo a normativa vixente, con independencia
da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes
de avaliación. Para incorporarse a MODALIDADE DE ASISTENTES os/as alumnos/as deben ter un
mínimo de asistencia obligatoria do 80
%, tanto nas sesións teóricas como nas sesións prácticas. Os/as alumnos/as que elixan a modalidade de avaliación asistente
poden acollerse ao seguinte sistema de avaliación: - Deseño, implementación e Avaliación dun programa de educación
sexual (traballo obrigatorio grupal): 6 puntos (60% da nota). - Desenvolver unha actividade en formato de debate sobre os
contidos teóricos (traballo obrigatorio-grupal): 3 puntos (30% da nota). - Participación en actividades de aula ou fora da aula: 1
punto (10% da nota).
Os/as
alumnos/as de MODALIDADE NON PRESENCIAL.
Proba
obxetiva tipo test do manual da matéria de referencia:6 puntos (60% da nota)
Seleccionar
e desenvolver cinco actividades de cada tema do manual de Sexualidade e Saúde: proposta didáctica (Rodríguez et al., 2014). E
tamén facer unha reflexión sobre tres documentais, un de cada tema, do manual de
Sexualidade e Saúde: proposta didáctica
(Rodríguez et al., 2014). 4 puntos (40% da nota). DATAS DE INTERESE: Data de exposicións: a partir 24 novembro. Data de entrega de traballos: 17 de decembro. Data de exame: 17 decembro as 12.00h. (Revisión de notas: 29 xaneiro). Data de exame (2ª convocatoria): 9 xullo as 10.00 (Revisión de notas: 16 xullo). |