Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención socioeducativa na infancia e adolescencia en situación de risco social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Explicación por parte do docente do contido da materia e das actividades a realizar
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Proxectos Os alumnos elaborarán un proxecto, para o cal a docente proporcionaralles a información necesaria (documentación, visionado de películas, exposición de experto). Exposición do proxecto en formato vídeo.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000