Traballos tutelados |
Planificación, elaboración e revisión de traballos realizados preferentemente en grupos reducidos de 3-5 discentes co obxectivo de asimilar dun modo práctico-teórico algunhas cuestións fundamentais do programa e de mellorar algunhas competencias transversais relacionadas coa elaboración-presentación de textos. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Preparación, realización, revisión (e eventual entrega e/ou presentación) dalgúns exercicios de ‘aplicación/profundización’, de ‘resolución de problemas’ ou, no seu caso, de ‘prácticas de análises e comentario’. Así mesmo esta actividade guiada polo profesor dedicarase a orientar a interpretación adecuada dos textos comentados entregados polo profesor, resolver dúbidas sobre os textos propostos para a análise, corrixir propostas, etc. |