Para superar a materia é necesario alcanzar en cada un dos apartados que se valoran unha puntuación mínima do 50% e a presentación dun traballo práctico cunha temática relacionada coa materia. A asistencia ás prácticas de laboratorio ten que ser de polo menos un 85% das horas programadas. Os estudantes que non superasen algunha das probas ou actividades obxecto de avaliación, poderán recuperar na convocatoria de xullo. Aqueles estudantes que non poidan asistir ás prácticas de laboratorio, terán que falar coa profesora ao comezo de curso, para concretar o traballo práctico obrigatorio que terán que presentar. En tal caso, o criterio de avaliación será: traballo práctico individual ata 30% e exame final ata 70%. No exame final, formúlanse cuestións cuxo grao de dificultade é semellante ao das consideradas no traballo de aula e de laboratorio. As datas oficiais dos exames: Convocatoria ordinaria: 9 xaneiro ás 12 h e convocatoria extraordinaria: 25 de xuño ás 12 H As datas poden consultarse na web da facultade no espazo"datas exames" |