Esta materia proporciona ao futuro docente un coñecemento detallado sobre o proceso de aprendizaxe dos seus alumnos/as e a forma de melloralo mediante procedementos de instrución adecuados. Na actualidade espérase que o/a mestre/a desempeñe un papel de guía, titor/a, mediador/a dos procesos de aprendizaxe; que sexa un investigador activo na aula e moi crítico e reflexivo co seu labor. Esta materia é unha ferramenta esencial que lle capacitará para o desempeño destas funcións.