Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
Código
O05G110V01204
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
FB
1
2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Vieites García García, Manuel F.
Correo-e
mvieites@uvigo.es
Profesorado
Vieites García García, Manuel F.
Web
Descrición xeral
Como materia de formación básica, a denominada Educación. Teoría e Institucións contemporáneas, da Educación ten como finalidade introducir ao futuro graduado no universo educativo a través da análise da educación como práctica cultural presente en todas as sociedades, e estreitamente relacionada con cuestións sociais, económicas e políticas. Persegue que o futuro graduado coñeza e valore, nunha perspectiva crítica, o concepto de educación, os seus procesos, axentes e institucións, xunto coa súa evolución histórica e o proceso de configuración do sistema educativo. Busca igualmente unha comprensión histórica, contextual e crítica do fenómeno educativo, que oriente finalmente a súa praxe profesional nunha perspectiva reflexiva e transformadora. Tamén se analizan os aspectos básicos do desenvolvemento histórico da educación en España e en Galicia, prestando especial atención á Educación Infantil, e ao proceso de configuración da profesión docente nesta etapa educativa.