Resultados previstos na materia |
Tipoloxía |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
- Analizar o contexto da actual sociedade da información e reflexionar sobre o novo contorno social e educativo que xeran as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs), dando lugar á necesidade de adquirir novas competencias persoais e profesionais. |
|
A9 A11
|
B2 B6 B9 B13 B15 B21
|
- Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. |
|
A7
|
B1 B6
|
- Construír unha base de coñecementos, actitudes e habilidades técnicas útiles para o futuro mestre no desenvolvemento da súa actividade profesional que lle permitan unha axeitada utilización dos recursos tecnolóxicos ao seu alcance, analizando e reflexionando sobre as implicacións que a devandita utilización ten no deseño e desenvolvemento curricular. |
|
A7 A9 A11
|
B2 B5 B6 B9 B15 B21
|
- Ser quen de buscar, seleccionar e avaliar ou deseñar e construír materiais didácticos en soporte tecnolóxico adaptados ás características dos alumnos e dos contidos de aprendizaxe, así como de realizar unha proposta didáctica de integración curricular en contextos específicos. |
|
A7 A11
|
B2 B5 B6 B15
|
- Adquirir as habilidades necesarias para o manexo técnico, a produción de materiais e a utilización didáctica dos diversos medios e recursos tecnolóxicos: cámara fotográfica, cámara de vídeo, videoproxector, ordenador, impresora, escáner e Internet, etc. |
|
A7
|
B5 B6 B15
|
- Adquirir as habilidades necesarias para unha axeitada xestión da información con fins educativos: busca, selección, tratamento, organización e representación da información. |
|
A7 A11
|
B5 B6 B15
|
- Reflexionar criticamente sobre os determinantes sociais, psicolóxicos e ideolóxicos dos procesos de comunicación e formación mediados por tecnoloxía. |
|
A7 A11
|
B5 B6 B15
|
- Desenvolver as capacidades de colaboración, participación activa e traballo en equipo como instrumentos básicos da formación como futuros docentes, e tomar conciencia de que o ensino é un labor de equipo. |
|
A7 A11
|
B5 B6 B9 B15
|
- Traballar autonomamente, cun posicionamento académico e unha actitude investigadora ante os procesos educativos en xeral e a educación virtual ou e-learning, en particular. |
|
A7
|
B5 B6 B15
|
- Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e da comunicación. |
|
A7
|
B5 B6 B15
|
- Abordar a análise de campo mediante metodoloxía observacional empregando tecnoloxías da información, docuementación e audiovisuais. |
|
A4 A7
|
B1 B5 B6
|
- Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas. |
|
A7 A12
|
B1 B6 B9 B15
|