Guia docente 2009_10
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Produción Artística: Audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula A avaliación é continua durante o transcurso da materia. Valóranse especialmente os seguintes aspectos: evolución persoal e dos contidos do proxecto que se vai realizar; participación activa e seguimento da materia, así como a actitude no obradoiro e a asistencia a este; manexo adecuado e creativo das ferramentas e software de creación, e uso responsable destas ferramentas; interese e criterio personalizado nas distintas actividades de estudo, creación, participación e análise da materia.
Estipularase unha data final de entrega do traballo e, a continuación, unha data para a publicación da súa cualificación final.

Se a cualificación do traballo de aula acada o nivel de aprobado, será ponderada segundo o seu tanto por cento de valor, xunto á cualificación obtida co traballo tutelado. Todo isto conformará a cualificación final da materia.

No caso de que o alumno non supere o nivel de aprobado ou de que non realice a entrega do traballo de aula que se estipula como proxecto práctico da materia, poderase optar, para aprobar a materia, á realización dun exame práctico na primeira convocatoria (febreiro).
Datas convocatoria febreiro: 27/28/29 xaneiro 2010.
En horario de clases correspondente a cada grupo.
75%
Traballos tutelados A presentación do traballo tutelado (traballo teórico escrito), ao final do cuadrimestre (para o que se estipulará unha data final de entrega), é obrigatoria para todo o alumnado.
Valorarase: a elección temática; o grao de indagación, análise e manexo da documentación consultada para o desenvolvemento do traballo; a elaboración dun índice temático coherente e de calidade; o estilo de escritura; a achega de material gráfico e a presentación.

A non presentación do traballo teórico escrito (traballo tutelado) restará o 25% á cualificación obtida no traballo de aula.
25%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





Segunda convocatoria (xullo):


O alumnado deberá presentar un proxecto audiovisual propio
(obra final), segundo os mesmos parámetros que se transmitiron e impartiron
na materia. Este proxecto deberá realizarse ata a data da convocatoria baixo
titorización dalgún ou de todos os docentes da materia e, polo tanto, os
profesores deberán coñecer os proceso de realización deste traballo e saber
que será presentado como resultado para avaliar na segunda convocatoria da
materia (xullo). Para isto, o alumnado deberá manter contacto, nos horarios
de titorías que se estipulen, cos profesores implicados.


Xunto co proxecto audiovisual (obra final), o alumno
deberá presentar un monográfico-traballo de documentación do tema que aborde,
para que sirva como base de investigación do seu proxecto. Deberá basearse no
mesmo tipo de guión que previu que se estipulase na materia.


A cualificación obtida como nota final da materia
valorarase da seguinte maneira: proxecto audiovisual (75%);
monográfico-traballo de documentación (25%).


PROBA DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA DE XULLO: 5 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000