Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica III
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos específicos da materia obxecto de estudo.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Exposición dos contidos xerais por cada un dos profesores/as intergrantes da materia e comunicación dos requerimentos das metodoloxías/probas integrantes da mesma.
Estudo de casos Actividades prácticas a desenrolar na aula na que o/s estudante/s de forma activa, ben de forma individual ou en grupo describe, analiza, e resolve en caso necesario, situacións concretas expostas ou simuladas polo profesor/a tendo en conta os contidos da materia desenrolados previamente.
Traballo tutelado O/a estudante, de maneira individual, elabora un documento seguindo as directrices do profesor responsable, sobre unha temática da materia concreta.
Trátase dunha actividade autónoma do estudante que inclúe a procura e recollida de información, lectura, manexo de bibliografía actualizada, redacción, exposición e defensa.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades nas que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios plantexados de forma autónoma polo docente correspondente.
Aprendizaxe colaborativa Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa
propia aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000