Guia docente 2024_25
Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballo escrito presentado seguindo o modelo de traballo solicitado así como as orientacións publicadas na Web.
Seguimento da realización.
Nos comentarios especifícase a porcentaxe de cualificación segundo o tipo de tribunal elixido para presentar a defensa.
70 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C62
C63
C64
C65
C66
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
Presentación Avaliación da presentación escrita e defensa oral ante un tribunal. Nos comentarios especifícase a porcentaxe de cualificación segundo o tipo de tribunal elixido para presentar a defensa. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C62
C63
C64
C65
C66
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No
momento de facer a solicitude de defensa na Intranet o estudantado co visto e
prace da persoa titora (se existise desacordo entre ambos, prevalecerá a
decisión da persoa titora) deberá optar por:

1.- Avaliación do traballo por un tribunal unipersoal (persoa titora):

A persoa titora do TFG será a encargada da
avaliación e cualificación. O estudante deberá defender en acto público o seu
TFG perante o/a titor/a. A cualificación final estará integrada por:

a) Valoración do traballo: 70%. Avaliaranse o
progreso académico do/a estudante, os contidos, o proceso de elaboración, a
consecución dos obxectivos e a presentación e calidade do traballo escrito.

b) Exposición e defensa do TFG: 30%. Avaliaranse
a selección, o equilibrio e a organización do contido na presentación oral, a competencia
comunicativa oral, o emprego axeitado do vocabulario, así como dos recursos
informáticos e as respostas ás cuestións formuladas polo tribunal.



2.- Avaliación do traballo por tribunal colexiado:

A
cualificación do tribunal estará integrada pola suma de:


a) Valoración do traballo por parte do/a titor/a:
30%. Avaliaranse o progreso académico do/a estudante, os contidos, o proceso de
elaboración, a consecución dos obxectivos e o traballo escrito.

b) Valoración do traballo escrito e da
exposición e defensa do contido do TFG por parte do Tribunal: 70%. O tribunal
estará composto por tres profesores/as do Centro. A valoración do tribunal será
a media aritmética das notas atribuídas por cada un dos seus membros. Os
criterios de avaliación son os seguintes: traballo escrito (70%) e exposición e
defensa oral (30%).


A defensa do TFG realizarase, previa
convocatoria pública, de forma pública e presencial ante o tribunal unipersoal
ou o tribunal colexiado, e consistirá nunha exposición (10 minutos) e unha
quenda de preguntas e respostas (10 minutos).  O TFG debe ser un traballo persoal no que se
constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras doutra autoría
acreditarase explicitamente a súa orixe.

O alumnado que non supere o TFG na avaliación do segundo
cuadrimestre poderá presentarse á segunda convocatoria no mes de xullo.  No caso de obter a cualificación de suspenso,
ben sexa na primeira ou segunda convocatoria, o tribunal fará chegar un informe
coas recomendacións oportunas ao alumnado e á persoa titora para a mellora do
traballo e a súa posterior avaliación.

As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán
publicadas con antelación suficiente na web da Escola Universitaria CEU de
Maxisterio:
http://www.escuelamagisterioceuvigo.es/estudios/trabajo-fin-grado-magisterio-vigo.php

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal