Todos os traballos que debe realizar o alumno deben ser supervisados polos titores da Escola de Maxisterio e polo titor/a responsable do alumno/a no Centro Educativo, coa finalidade de que o alumno poida sacar o máximo partido do período de prácticas. Ademáis de redactar unha memoria, o alumno/a ten que acudir ós seminarios quicenais.
Prácticum, Practicas externas e clínicas
Traballo titorizado e autónomo dos estudantes, realizado nos centros educativos, que se achega ás condutas profesionais relacionadas coa titulación.
O alumno/a realizará as prácticas nunha escola seleccionada por el/ela.
Actividades introdutorias
A través das actividades introductorias, o estudante poderá coñecer qué debe facer durante o seu período de prácticas, a duración das mesmas, así como os traballos a entregar.