Guia docente 2024_25
Escola Universitaria CEU de Magisterio de Vigo
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da relixión católica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Entrega e exposición da Unidade Didáctica
Individual ou grupal
40 A2
A4
B1
B2
B3
Obradoiro Proba oral relacionada cos recursos, en presenza dun ou varios profesores
Individual
15 B2
B12
Exame de preguntas de desenvolvemento Consultar calendario exames páxina web do curso actual 35 A1
A2
A4
B1
B9
B12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O sistema de avaliación pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. 

En liñas xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se terá en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final.

A cualificación final do sistema de AVALIACIÓN CONTINUA será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior. Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas dos traballos tutelados e do traballo en clase. Aqueles alumnos que non aproben a materia na primeira convocatoria manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados e terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria.

AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido no artigo 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudiantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023.

Para os traballos e entregas propostas daranse datas de entrega inamovibles en caso de non ser entregadas avaliaranse cun 0.

Cada falta de ortografía descontará 0,25 puntos en todos aqueles documentos escritos que se entreguen á profesora.

O alumnado repetidor deberá acollerse aos criterios de avaliación da guía docente vixente neste curso, non se gardarán notas de cursos anteriores.

As titorías da materia terán lugar no despacho A en o horario indicado na porta ao longo do curso 24/25.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000