Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Profesorado de E.G.B.
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Matemáticas para mestres: Educación infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Entrega dun caderno de traballo, realizado en grupo, onde se recolla información sobre materiais aplicables nunha aula de Educación Infantil. Asistencia e participación activa en todas aquelas actividades que se propoñan con materiais na aula. 15 A1
A2
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B11
B12
C33
C34
C35
D1
D2
D3
D5
D6
D8
D9
D11
D12
D13
D16
D17
D20
D21
Resolución de problemas de forma autónoma Presentación de actividades e problemas resoltos traballados de maneira individual. Valorarase o razoamento realizado no proceso de resolución, así como a presentación e a boa expresión matemática. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B11
C33
C34
C35
D1
D2
D3
D6
D7
D8
D13
D15
D17
D20
D21
Traballo tutelado Presentación dun documento elaborado baixo as directrices da profesora, onde se valorará:
- presentación e boa expresión
matemática,
- construción de material didáctico,
- creatividade nas actividades descritas,
- conclusións,
- exposición oral.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B11
C33
C34
C35
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D13
D15
D16
D17
D20
D21
Exame de preguntas obxectivas Exame (proba individual escrita) da materia. Cada unha das cuestións propostas terá diferente peso segundo o seu grao de dificultade e amplitude. #Valorar: - a corrección nos razoamentos, - a boa expresión en matemáticas e, en xeral, na lingua. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B6
C33
C34
C35
D1
D2
D3
D6
D8
D13
D15
D16
D17
D20
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación
pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas
xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se terá en conta
tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable
no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final. Para iso, é necesaria
a asistencia continuada ás clases, por encima do 80% das sesións
programadas.


A cualificación final do sistema de avaliación continua será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior, sempre que se obteña a cualificación de aprobado en cada unha delas (nota mínima de 5 sobre 10).


Aqueles estudantes que non superen a materia na primeira convocatoria manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados e terán que realizar novamente o exame e/ou os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria.


As datas e horarios das probas de avaliación de ambas as convocatorias correspóndense coas marcadas no calendario de probas de avaliación do curso 2023-24 e que poden ser consultadas en https://www.escuelamagisterioceuvigo.es/organizacion-academica/


AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudiantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023.


Todo traballo copiado que se descubra ao longo do curso, penalizará por igual, tanto aos estudantes que copian como aos copiados, e non se admitirá ningunha entrega fose do prazo establecido. En ambos os casos, dita penalización implicará un 0 na súa cualificación.


Os correos electrónicos serán atendidos sempre que presenten a razón do mesmo en Asunto, así como unha correcta redacción. 


Estes criterios de avaliación son unha declaración de intencións sobre o traballo dos estudantes na materia polo que poden sufrir lixeiras modificacións.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000