AVALIACIÓN CONTÍNUA (EC).
Convocatoria da 1ª oportunidade
Xunto coa proba EC2, os alumnos que o desexen poderán realizar unha proba de recuperación do contido avaliado en EC1 ou conservar a nota obtida previamente.
A realización das practícas e presentación das memorias, forman parte do proceso de avaliación continua do alumno. Non obstante os alumnos que non realicen as mesmas, ao longo do curso, ou desexen mellorar a nota obtida, poderán optar a realizar un exame escrito adicional con preguntas relativas ao desenvolvemento das prácticas e aos contidos docentes explicados durante as mesmas, realizadas no laboratorio de Teoría de Circuitos y/o Máquinas Eléctricas. A valoracion deste exame é do 12% da nota final, de igual forma que a avaliación continua.
Non é posible recuperar a proba de traballo en grupo cun exame.
Se o estudante obtivo alomenos 3 puntos sobre 10 tanto na proba EC1 como na EC2, o cálculo da nota final realizarase do seguinte xeito:
Nota Final 1ª oportunidade = ( Nota_EC1 + Nota_EC2 ) * 0.4 + Nota_ECL* 0.12 + Nota_ECT*0.08
onde, Nota_EC1, Nota_EC2, Nota_ECL e Nota_ECT son, respectivamente, as notas das probas EC1, EC2, a nota de prácticas de laboratorio de Teoría de Circuitos e a nota do Traballo, avaliadas entre 0 e 10 puntos.
Dado que existe una nota mínima de tres puntos sobre 10 en EC1 y en EC2 para poder aprobar a materia, se o estudante NON obtivo ao menos 3 puntos sobre 10 tanto na proba EC1 como na EC2, o cálculo da nota final realizarase como no caso anterior, cunha nota máxima de 4,5 puntos (suspenso).
Na convocatoria da 2ª oportunidade, o alumno que non renuncie á EC poderá conservar a nota obtida en EC1, ou EC2 na 1ª oportunidade ou realizar unha proba de recuperación da parte ou partes que desexe. Se o estudante se presenta a algunha das probas na 2ª convocatoria, renuncia á nota obtida ao longo do curso en dita proba.
O cálculo da nota final, realízase da maneira idéntica á vista para a 1ª oportunidade
Para aprobar a materia, tanto na 1ª, coma na 2ª oportunidade, a Nota Final deberá ser, polo menos, de 5.0 puntos.
Cada NOVA MATRÍCULA na materia supón unha posta a cero das cualificacións nas actividades de avaliación continua obtidas en cursos anteriores, coas seguintes excepcións:
as prácticas e o traballo en grupo, que se recoñecerán unicamente no curso seguinte de habelas realizado, si o estudante solicítao e cumpre estas seguintes condiciones:
• O estudante realizou efectivamente as prácticas no laboratorio e o traballo en grupo no curso anterior (non exame de prácticas nin recoñecidas de cursos anteriores) e
• O estudante obtivo unha nota de polo menos 5 puntos sobre 10, no curso anterior, tanto nas prácticas como no traballo en grupo.
AVALIACIÓN GLOBAL (EC).
Os alumnos que renuncien á avaliación continua, na datas establecidas pola EEI e figuren nas listas oficiais publicadas pola EEI , deberán realizar unha proba escrita EGA, con valoración do 80% da Nota Final na que se avalían os contidos impartidos nas clases de aula, e unha proba tamén escrita EGL cunha valoración do 20% da Nota Final que avaliará as competencias impartidas nas clases prácticas (prácticas de laboratorio de Teoría de Circuitos y prácticas de Matlab).
Nota Final 1ª oportunidade = Nota_EGA * 0.8 + Nota_*EGL * 0.2