Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas
Informe detallado sobre cada unha das prácticas feitas, no que se incluirá unha explicación do traballo experimental feito, ademais dos resultados acadados, da análise dos mesmos e das conclusións que deles se deriven.
As prácticas de laboratorio faranse en grupos de 2 alumnos, mais o/a profesor/a poderá esixir que o informe se entregue de xeito individual. Baixo ningunha circunstancia, se avaliará o informe entregado por un/unha alumno/a que non fixera previamente a práctica no laboratorio.
Nas prácticas en aula informática, cada alumno/a traballará de xeito individual e, polo tanto, os informes de prácticas tamén serán individuais. Do mesmo xeito, soamente se avaliará o informe entregado por un/unha alumno/a que previamente asistira a correspondente sesión de prácticas.
As competencias CG7, CE16, CT1, CT3, CT9 e CT10 avalíanse en base á calidade do informe escrito feito, de xeito autónomo, polo alumno ó remate de cada práctica. Valorarase a redacción, estructura e presentación do mesmo, a análise e tratamento de resultados feito, asi como as conclusións acadadas.
As competencias CT12 e CT17 avalíanse en base ó traballo feito no laboratorio, onde as prácticas fanse en grupos de 2 alumnos, e no transcurso do cal o alumno desenvolve habilidades de investigación no eido da Tecnoloxía Medioambiental.
10
B7
C16
D1 D3 D9 D10 D12 D17
Estudo de casos
Todos aqueles exercicios, seminarios, traballos tutelados que poidan implicar o aprendizaxe e servizo, casos prácticos e probas teórico/prácticas que se fagan e entreguen ó profesor ó longo do curso, relacionadas cos conceptos e contidos do temario.
Ó longo do cuadrimestre faranse varias probas.
As competencias CG7 e CE16 avalianse en base ás respostas do alumno ás cuestións de teoría plantexadas.
As competencias CT2, CT10 e CT12 avalianse en base á resolución, por parte do alumno, de problemas de Tecnoloxía Medioambiental, sexa de xeito autónomo ou presencial, para o cal precisa buscar información adicional á aportada no aula.
A competencia CT3 avaliase en ámbalas dúas partes, xa que os dous exames son escritos, en base á claridade e concreción das respostas.
30
B7
C16
D2 D3 D10 D12
Exame de preguntas obxectivas
Probas escritas nas que o alumnado deberá responder varias cuestións teóricas relacionadas co temario da materia.
Ó longo do cuadrimestre faránse dúas probas, unha delas terá lugar a metade do cuadrimestre (T-1) e a outra ó remate das clases (T-2), e en ámbolos dous casos serán nas datas fixadas polo centro.
Ámbalas dúas probas serán tipo test e en cada unha delas o alumnado deberá responder varias preguntas tipo test, de resposta múltiple.
Cada proba (T-1 e T-2) avaliarase sobre 10 puntos e representará o 50% da valoración total deste item.
As competencias CG7, CE16 e CT19 avalíanse en base ás respostas do alumnado ás cuestións plantexadas.
Tamén se avalían as competencias CT1, CT3 e CT10 xa que a proba é escrita e esixe capacidade de análise e síntese por parte do alumnado.
30
B7
C16
D1 D3 D10 D19
Resolución de problemas e/ou exercicios
Probas escritas que consisten na resolución de varios problemas relacionados do temario da materia.
Ó longo do cuadrimestre faranse dúas probas, unha delas (P-1) á metade do cuadrimestre e a outra ó remate das clases (P-2), e en ámbolos dous casos serán nas datas fixadas polo centro.
En ambas probas o alumnado deberá resolver varios problemas relacionados coa temática vista nos temas suxeitos a avaliación.
Cada unha delas (P-1 e P-2) avaliarase sobre 10 puntos e a sua calificación representará o 50% da valoración total deste item.
As competencias CT2, CT9 e CT19 avalíanse nesta proba, en base á resolución por parte do alumnado de varios problemas de Tecnoloxía Medioambiental, para o cal precisará aplica-los coñecementos adquiridos na materia.
Tamén se avalían as competencias CT1, CT3 e CT10 xa que a proba é escrita e esixe capacidade de análise e síntese por parte do alumnado.
30
D1 D2 D3 D9 D10 D19
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación:
PRIMEIRA CONVOCATORIA
1. Modalidade de avaliación continua
Considerarase que un/unha
estudante cursa a materia en réxime de avaliación continua,
sempre e cando non renunciara oficialmente a dita modalidade de avaliación, é
decir, sempre que non solicitara oficialmente o cambio á "modalidade de
avaliación global", nos prazos fixados pola dirección da E.E.I. a tal
fin.
A cualificación final dos/as
estudantes que cursen a materia en réxime de avaliación continua farase dacordo
aos seguintes criterios:
A) Obrigatoriedade de facer tódalas probas programadas
nos apartados "Exame de preguntas obxectivas" (T-1 e
T-2) e "Resolución de problemas e/ou exercicios" (P-1 e
P-2):
Tódalas
probas avaliaranse sobre un máximo de 10 puntos, de xeito que para
aprobalas o/a estudante terá que acadar unha cualificación ≥ 5 puntos.
NON
aprobará a materia quen nalgunha das probas programadas (T-1,
T-2, P-1 ou P-2) non acade una nota ≥ 4 puntos.
B) Obrigatoriedade de face-las
"Prácticas de laboratorio" e entrega-los informes correspondentes:
As prácticas avaliaranse sobre un máximo de 10
puntos, de xeito que para aprobalas o/a estudante terá que acadar unha
cualificación ≥ 5 puntos.
NON aprobará a materia quen non acade una nota ≥ 4
puntos.
Ademais, para supera-la materia un/unha alumno/a
non poderá faltar, se causa xustificada, a mais de 1 práctica de
laboratorio. No caso de faltar a mais dunha práctica terá facer un
exame das prácticas que non fixo.
C) O/A estudante que cumpra as
condicións dos apartados (a) e (b) aprobará a materia a condición de que a suma
das cualificacións ponderadas obtidas en tódalas probas de avaliación
recollidas nesta guía sexa ≥ 5 puntos.
En canto as probas "Exame de preguntas obxectivas" e "Resolución de problemas e/ou exercicios":
As probas T-1 e P-1 faranse no mesmo
dia, a metade do cuadrimestre e na data fixada pola E.E.I. para realiza-las
probas de evaluación continua. Nelas o alumnado deberá dar resposta a
varias preguntas teóricas tipo test e resolver problemas relacionados cos contidos
dos tres primeiros temas do temario da materia.
Se un/unha estudante non acada unha nota ≥ 4 puntos
en algunha das probas (en T-1 ou en P-1), pero aproba a outra
proba, na convocatoria extraordinaria (xullo) só deberá repeti-la proba
suspensa.
As probas T-2 e P-2 faranse no mesmo
dia, unha vez rematadas as clases e na data fixada pola E.E.I. para a
realización dos exames globais da 1ª convocatoria. Nelas o alumnado deberá
dar resposta a varias preguntas teóricas tipo test e resolver problemas relacionados
cos contidos dos tres derradeiros temas do temario da materia.
Se un/unha estudante non acada unha nota ≥ 4 puntos en
algunha das probas (en T-2 ou en P-2), pero aproba a outra
proba, na convocatoria extraordinaria (xullo) só deberá repeti-la proba
suspensa.
2. Modalidade de avaliación global
Aqueles estudantes aos que a
Dirección da E.E.I. lles conceda o cambio á "modalidade de avaliación
global" , farán un "exame final" de teoría e problemas
(Exame de preguntas obxectivas + Resolución de problemas e/ou exercicios) que
valerá o 90% da nota final, e un exame de prácticas que valerá o 10% da nota
final. En calquera caso, para aproba-la materia, o alumno debe acadar o 50% da
nota máxima en cada unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría,
problemas e prácticas.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA OU 2ª CONVOCATORIA
Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos
criterios.
En relación co exame de Xullo,
manterase a cualificación da "Resolución de problemas de forma
autónoma" e do "Informe de prácticas", sempre e cando se
superase a nota mínima esixida na primeira convocatoria.
Se na 1ª convocatoria un/unha
alumno/a aproba, cunha nota ≥ 5, algunha das probas recollidas en "Exame
de preguntas obxectivas" (probas T-1 e T-2) ou en "Resolución de
problemas e/ou exercicios" (probas P-1 e P-2), en Xullo soamente terá que
repeti-la/s proba/s suspensa/s.
Compromiso ético:
Espérase
que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de
detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, emprego de
dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese
caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO
(0,0 puntos).
Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo
electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O
feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula
de exame será considerado motivo de non superación da materia no
presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0
ptos).
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000