Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais
poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o
seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións
en inglés.
Descrición da materia: os métodos ópticos de análises (espectroscopia analítica), constitúen unha poderosa e versátil ferramenta nos laboratorios químicos, resolvendo problemas en áreas de interese como a alimentación, o medioambiente, a industria ou biomedicina. Nesta materia aprenderanse os fundamentos, instrumentación e aplicacións dos principais métodos ópticos de análises que descansan en fenómenos de interacción entre radiación electromagnética e materia como a absorción, emisión, fluorescencia, dispersión, etc.