A) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA: 1º Para que o alumno/a sexa avaliado polo sistema de avaliación continua deberá asistir, como mínimo, ao 75% das sesións da materia. O alumno/a que puntualmente por motivos imprevisibles e debidamente xustificados non poida completar esta porcentaxe de asistencia, deberá comunicalo por escrito ao respectivo/a coordinador/a da materia, neste Módulo a Carmen Verde Diego, carmenverde@uvigo.gal quen valorará se a puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se lle indiquen. 2º Pola asistencia a clase o alumno/a poderá obter ata un 40% da cualificación final. A porcentaxe restante da cualificación final resultará da resolución de problemas de forma autónoma (30% da nota) e do estudo de casos (30%) que establecerá o profesorado baixo a supervisión do Coordinador/a da materia. 3º Na convocatoria extraordinaria, o alumno/a deberá entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo do curso e, ademais, terá que presentarse a unha proba final, teórica e/ou práctica que lle indicará o coordinador/a da materia. B) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN NON CONTINUA: O alumno/a que non asista ao mínimo do 75% das sesións da materia e que, no seu caso, non xustifique debidamente a falta de asistencia puntual e imprevisible, poderá obter o 100% da cualificación realizando unha proba final de avaliación, teórica e/ou práctica, que lle indicará o coordinador/a da materia, na convocatoria ordinaria e/ou extraordinaria fixada ao efecto, ademais de entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo do curso, se así llo indicara o coordinador/a da materia. C) PROBAS DE AVALIACIÓN: As datas e horarios das probas de avaliación especifícanse no calendario que para o curso aprobe ao efecto a Comisión Académica do Máster, que se publican na páxina web do título. |