Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
 Materias
  A Intervención Socio-Educativa con Menores en Situación de Risco, Desprotección e Conflito Social
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas de forma autónoma Consiste en actividades nas que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O estudante debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación de resultados. Isto é o alumnado resolverá por si mesmo os exercicios que lle encomende cada docente producto da lectura ou análise de textos, casos, etc. Os docentes estarán a disposición do alumnado para calquera dúbida en horario de titoría (en despacho presencial ou virtual a través do Campus remoto) e/ou por correo electrónico.
Estudo de casos Proba na que un estudante debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Os docentes estarán a disposición do alumnado para calquera dúbida en horario de titoría (en despacho presencial ou virtual a través do Campus remoto) e/ou por correo electrónico.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal