Exame de preguntas de desenvolvemento |
Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen
final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 4 e 7
preguntas de desenvolvemento -breve ou medio- sobre os distintos
epígrafes ou subepígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a
adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de
extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 40 %
da nota final.
Non obstante, para poder ser avaliado polo sistema de avaliación
continua, é preciso acadar como mínimo un 4 sobre 10 nesta proba. |
40 |
A2 A3 A4
|
B1 B3
|
C10
|
D1 D3 D5
|
CONVOCATORIA ORDINARIA XANEIRO (Sistema de avaliación continua/sistema avaliación final).
DATA EXAMEN: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade
a) Avaliación continua. Para poder optar ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar asistencia a un 80
% das clases teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ex. enfermidades de longa duración verificadas con
informe médico-, se permita xustificar a ausencia.
En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.
EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN DA OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO
TEST-EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS- POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE
DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚLTIMA PROBA. DE NON OBTERSE
UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA
A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA. b) Avaliación final. O estudantado que non se acolla ao sistema de avaliación continua ou que renuncie, será avaliado nun
examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e
representará o 100% da nota final, computanto o 70% a parte teórica e o 30% a parte práctica).
CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2º oportunidade)
DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade
Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xaneiro, a nota obtida na avaliación continua
desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xuño-xullo (2ª oportunidade). Porén, se non
superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumnado tería que someterse a un novo proceso
de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.
CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:
DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade
Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico que
representará o 100 % da nota final (70% parte teórica e 30% parte práctica). |