Titorías
Todas as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos, ben de xeito asíncrono (foros e mensaxería das plataformas de teledocencia, ou o correo electrónico) ben mediante videoconferencia, neste caso baixo a modalidade de concertación previa
Ferramentas de docencia virtual
A actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
Clases e avaliación
No caso de que a docencia sexa exclusivamente non presencial, as clases da materia e a súa avaliación desenvolveranse de forma semellante, pero usando as plataformas da Universidade. |