Educational guide 2025_26
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Tributación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC A entrega (previa á sesión práctica presencial) das propostas de solución dos casos avaliaráse conxuntamente coas probas tipo tests: será necesario que o/a alumno/a teña entregado alomenos 6 casos para obter puntuación nas probas test. 0 C8
C9
C12
D2
D5
D7
Resolución de problemas de forma autónoma En AC avaliarase e puntuarase a resolución dos test propostos despois de cada tema. Este apartado puntuarase sobre un máximo global de 3 puntos (30%).
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o/a alumno/a entregue alomenos 6 propostas de solución dos estudos de caso que configuran as prácticas con apoio das TIC
30 C8
C9
C12
D2
D5
D7
Estudo de casos En AC ó remate das partes II e III do programa da materia, en dúas sesións presenciais, proporase un caso que o/a alumno/a deberá resolver de xeito individual, e que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos, capacidade de argumentación e xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ó IRPF puntuarase cun máximo de 4 puntos (40%), e a relativa ó IS cun máximo de 3 puntos (30%).
70 C3
C7
C8
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

  • AC. En caso de non renunciar á avaliación continua:

a. A avaliación da materia constará de 3 partes: unha proba de IRPF (que ponderará un 40% sobre o total), unha proba de IS (que ponderará un 30%), e a entrega de prácticas, test e participación nas clases (que ponderará un 30% sobre o total)

b. Será preciso sacar un mínimo dun 25% da nota en xogo en cada parte.

c. Para aprobar será necesario obter alomenos un 50% dos puntos en xogo en cada proba

d. Será necesario entregar alomenos 6 propostas de solución das prácticas

e. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade

  • AG en primeira oportunidade (convocatoria de maio-xuño II cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante unha proba escrita que comprenderá 2 estudos de caso completos (un de IRPF, que ponderará un 60%, e un de IS, que ponderará un 40%). Será necesario acadar un mínimo dun 30% en cada un dos casos.
  • AG na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carreira, O alumnado será avaliado mediante unha proba escrito que comprenderá 2
    estudos de caso completos (un de IRPF, que ponderará un 60%, e un de IS,
    que ponderará un 40%). Será necesario acadar un mínimo dun 30% en cada
    un dos casos.
Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados".

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa).

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2025/26. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, https://fccee.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000