Nesta asignatura realizase unha avaliación continua (AC) do traballo realizado polo alumnado. Para superar a asignatura por esta vía é necesario obter alomenos o 50% dos puntos en xogo en cada unha das probas de avaliación continua propostas (probas tipo test, proba IRPF e proba IS). Si un estudante non participa na resolución dos estudos de casos prácticos, non fai os test ou non se presenta a calquera das probas (proba IRPF ou proba IS) deixará de ser avaliado en avaliación continua. Tambien deixará de ser avaliado neste formato si non acada alomenos un 25% da nota en xogo en cada unha das probas (probas tipo test, proba IRPF e proba IS). O alumnado ten de prazo para renunciar ao sistema de avaliación continua ata a data que se fixe para a proba de IRPF (que xeralmente se establece na novena semana de curso). Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cunha proba de Avaliación Global (AG) que suporá o 100% da calificación, tanto para a primeira como para a segunda convocatoria. En caso de non presentarse, e teren feitas tarefas en avaliación continua sen renunciar a mesma, a nota final será a obtida nesas tarefas de avaliación continua. Na convocatoria Fin de Carreira, a proba de EG suporá o 100% da nota. A data dos exames pode consultarse en http://fccee.uvigo.es/ As Titorias da materia faranse preferentemente de xeito presencial no despacho 315 da Facultade de CC. Económicas. Alternativamente poderase concertar titoria virtual a través de campus remoto https://campusremotouvigo.gal sala de profesores 1182 (código de acceso 315Xose) . O horario de titorias aparece no Moovi da materia. |