Aprendizaxe colaborativa |
Valorarase a participación nas clases, os resultados do traballo en grupo e a implicación co mesmo. |
15 |
|
B2 B4 B5 B6 B7
|
C3 C4 C5 C8 C9 C13
|
D2 D4 D5 D7
|
Exame de preguntas obxectivas |
Realizaranse exames ao longo do curso con preguntas obxectivas baseadas no temario da materia. Ningunha delas ponderará máis do 40% do total da materia
Os/as alumnos/as deben amosar un nivel adecuado de coñecementos para superar a materia. |
60 |
|
B4
|
C3 C4 C5 C9
|
D5 D7
|
O alumnado pode elixir entre seguir un sistema de avaliación continua ou ben presentarse a unha proba de avaliación global. Neste último caso, terá que demostrar que adquiriu as competencias esixidas na materia, do mesmo xeito que si seguise un proceso de avaliación continua. Tanto co proceso de avaliación continua como coa proba global poderase obter o 100% da cualificación.
Os/as alumnos/as que renuncien ao sistema de avaliación continua deberán comunicarllo á persoa coordinadora da materia, como moi tarde, na semana 6.
- No proceso de avaliación continua terase en conta o resultado das actividades realizadas nas clases prácticas e o resultado das probas parciais desenvolvidas durante o curso. As actividades das clases prácticas ponderan un 40% do total da materia. As probas parciais ponderan, entre todas, un 60% do total da materia. En calquera caso, ningunha delas ponderará máis do 40% do total da materia. Por necesidades de organización docente, a última destas probas parciais poderá ser realizada na mesma data que a proba de avaliación global oficial da materia. Calquera dúbida razoable sobre a existencia de fraude nas probas avaliables escritas suporá a súa anulación e a súa substitución por uhna proba oral que será a definitiva.
- Para superar a materia polo sistema de avaliación continua esíxese unha cualificación superior a 4 puntos sobre 10, tanto nas probas correspondentes á docencia práctica como en cada unha das probas parciais. En calquera caso, para superar a materia, a nota media ponderada das probas realizadas ao longo do curso ha de ser igual ou superior a 5 puntos sobre un total de 10.
- A cualificación obtida nas prácticas, para aquel alumnado que o solicite, manterase até a segunda convocatoria.
- Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cunha única proba de avaliación global que suporá o 100% da cualificación. A proba dividirase en dúas partes: unha de contidos teóricos e outra de contidos prácticos. A parte teórica ponderará o 60% do total; a práctica ponderará o 40% do total. Isto tamén será de aplicación na segunda convocatoria. Para superar o exame esíxese unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en cada unha das partes. En calquera caso, para poder superar a materia, a nota media ponderada das distintas partes do exame ha de ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Coma no sistema de avaliación continua, calquera dúbida razoable sobre a existencia de fraude nas probas avaliables escritas, suporá a súa anulación e a súa substitución por uhna proba oral que será a definitiva.
- Na convocatoria de Fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.
O horario de titorías poderá ser consultado na páxina web da materia, en Moovi e na secretaría virtual. |