Exporase de maneira resumida os principais contidos dos distintos temas. Para un adecuado seguimento e comprensión destas clases é necesario que os alumnos preparen con antelación os distintos temas utilizando os manuais da bibliografía.
Resolución de problemas
As clases prácticas consistirán na resolución de follas de exercicios referidas a cada un dos temas, as cales serán repartidas con antelación.
Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua, o alumnado debe asistir como mínimo ao 80% das sesións prácticas.