Guia docente 2026_27
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Contabilidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba escrita individual consistente na resolución de
casos
prácticos, sobre os contenidos dos tres primeiros temas.
20 A2
A3
A4
Resolución de problemas e/ou exercicios Se realizará unha proba escrita onde o alumno terá que
resolver cuestións prácticas sobre os contidos dos
temas 6 y 7
40 A2
A4
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita sobre os contidos dos temas 4 e 5 40 A2
A3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A  avaliación pode ser continua (AC) ou global (AG). 

Presúmese que os estudantes seguirán o sistema de avaliación continua, salvo que manifesten a súa intención de optar pola avaliaición global. Para iso deberán comunicalo por escrito vía mail ao coordinador da materia até 30 días hábiles tras o inicio do cuadrimestre. O alumno deberá recibir resposta positiva do coordinador  vía mail para dar por tramitada a solicitude.

Unha vez que o estudante opte pola avaliación continua, será obrigatorio subir unha fotografía a plataforma moovi. 

A  elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e a calificaicón obtida até ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

A  avaliación continua consta de tres probas escritas, de carácter teórico/práctico. Para superar a materia é necesario ter unha nota media de 5, e para facer media é necesario ter unha nota mínima de 4 en cada unha das probas.

As dúas primeiras probas se realizarán tras rematar os temas correspondentes en horario de clase teórica, a  ultíma na data de exame oficial de primeira oportunidade.

Só pódese recuperar unha das probas. Por tanto: en caso de non alcanzar un 4 nunha das probas, podes recuperar esa proba no exame de primeira oportunidade. En caso de non alcanzar un 4 en dous partes, tes que presentarche ao exame de primeira oportunidade con toda a materia.

En todo caso prevalece a nota obtida no exame de primeira oportunidade. 

Adicionalmente, poderá obterse un punto máis mediante a realización dos cuestionarios ou tarefas expostos en clase, sempre que se alcance nos mesmos unha nota mínima de 5 e fáganse no prazo establecido. 

Si un alumno superara as probas realizadas e quere subir nota  será cualificado coa nota obtida no exame de primeira oportunidade.

Os alumnos que opten pola avaliación global serán avaliados cun exame teórico práctico e cualificados coa nota que obteñan no correspondente exame.

Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade poderán ser avaliados de novo na segunda oportunidade a través dunha proba teórico practica que suporá o 100% da nota.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Capítulo VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a avaliación, a calificación a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado. 

O docente poderá incluír mecanismos de verificación da aprendizaxe (por exemplo, probas orais complementarias), en caso de dúbidas sobre a autoría ou adquisición de competencias. Estes mecanismos pódense aplicar tanto no contexto de probas presenciais como en relación con calquera tarefa, proxecto ou entrega realizada fose da aula.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso académico. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade de C.C. E,E. e E.E. de Vigo.

As titorías serán presenciais ou en liña, sempre concertadas. O alumno as solicitará vía e-mail, sendo o momento e forma fixado de común acordo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000