Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase un control con preguntas curtas e tipo test relativas a contidos teóricos e prácticos dos primeiros temas do curso (1 a 5). 20 C2
C5
C6
C7
C10
D5
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 1 a 8. 40 C2
C5
C6
C7
C10
D5
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 9 a 16. 40 C2
C5
C6
C7
C10
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG e renunciar á AC se así o comunica por mail antes do 30 de novembro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

1. Avaliación continua (AC). En caso de non renunciar a AC, a cualificación obterase do seguinte modo:

  • 20% cun control dos primeiros 5 temas.
  • 40% cunha proba parcial dos temas 1 a 8.
  • 40% cunha proba parcial dos temas 9 a 16.

Para aprobar a materia a cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Si non se alcanza esa puntuación nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar a parte correspondente na proba de avaliación global que se celebrará na data especificada no calendario oficial de probas aprobado pola Xunta de Facultade e recollida na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es), ben na primeira oportunidade (xaneiro) ou na correspondente á segunda oportunidade (xullo). Se de novo tampouco se alcanza esa puntuación mínima (ou non se presenta), a nota final máxima da materia será de 4,5 puntos.

Para o alumnado que teña que recuperar as dúas probas parciais é imprescindible para aprobar obter en cada unha das dúas partes da proba de avaliación global (parte 1: temas 1 a 8; parte 2: temas 9 a 16) unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10) e que a cualificación final calculada segundo as porcentaxes sinaladas anteriormente sexa maior ou igual a 5 puntos (sobre 10). Se non se cumpre a condición anterior (ou non se presenta ao exame), a nota máxima da materia será de 4,5 puntos.

O alumnado que non se presente a ningún dos parciais, nin á súa recuperación nas probas de avaliación global, será cualificado como Non Presentado (aínda que realizase o control dos 5 primeiros temas).

2. Avaliación Global: A proba de AG celebrarase na data oficial recollida na páxina web da facultade e suporá o 100% da nota. A proba constará de dúas partes (a primeira corresponderá aos temas 1 a 8 e a segunda aos temas 9 a 16), cada unha das cales suporá o 50% da cualificación final. Para aprobar a materia, é necesario que a media das cualificacións das dúas partes sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada unha das dúas partes unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). Se non se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4,5 puntos.

Convocatoria de fin de carreira: O exame de fin de carreira suporá o 100% da nota.

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/

As datas e horas das probas de AC estarán dispoñibles na plataforma docente da materia, https://moovi.uvigo.gal

O alumnado que non participe na AC nin na AG, figurará nas actas como "Non presentado".

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal