Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Técnicas de economía aplicada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios e resolución de problemas.

Participación no desenvolvemento da materia. Exposición dos exercicios e problemas. Poderían realizarse cuestionarios de avaliación.
50 A1
A2
A3
A5
B2
B3
B4
B5
B6
B7
Lección maxistral Poderían realizarse probas parciais ou cuestionarios de avaliación. 50 A1
A2
A3
A5
B1
B4
B6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade.

Na AC poderán realizarse catro probas parciais liberatorias, cunha ponderación dun 25% cada unha delas. Isto se mantería para a segunda oportunidade. Si se aproban as probas parcias ou cuestionarios, a materia estará superada.

Na AG para calquera oportunidade e na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado será avaliado mediante a realización dun exame que suporá o 100% da calificación. As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) e de Fin de Carreira son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

As titorías se solicitarán mediante cita previa por correo electrónico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000