PRIMEIRA OPORTUNIDADE Na avaliación continua, a nota final calcularase a partir da media das cualificacións obtidas nas metodoloxías de avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. A nota media mínima para aprobar a materia é de 5. SEGUNDA OPORTUNIDADE Na segunda edición das actas, o alumnado poderá presentar unha nova versión daquelas probas do curso que non obtivesen o nivel suficiente, ou, de ser o caso, poderánselle encomendar unha serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamente no momento de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade. Nesta "segunda oportunidade", en caso de cualificación insuficiente nos outros apartados, a nota do traballo constituirá o 100 % da cualificación final. Para o alumnado con dispensa de asistencia, a puntuación alcanzada polo traballo suporá o 100 % da nota final, tanto na primeira coma na segunda oportunidade. |