Lección maxistral |
Terase en conta a asistencia a clase e a participación no desenvolvemento da docencia.
No caso de que presencialidade total non sexa posible, levarase a cabo unha secuencia repetida de Lectura-Debate-Recensión para cada unha das obras presentes no programa. Quere dicirse que o alumnado deberá ler cada unha das obras e asistir, posteriormente, a un debate por medios telemáticos sobre esa obra para, finalmente, escribir unha recensión de 2000 palabras sobre esa obra. A recensión deberá ser totalmente persoal e orixinal e no caso de que se detecte plaxio total ou parcial a nota resultante non será outra que 0 (cero).
Igualmente terase moi en conta a corrección formal e lingüística.
|
25 |
CB1 CB2 CB5
|
CG1 CG2 CG5 CG7
|
|
CT2 CT10 CT11 CT12
|
Traballo tutelado |
A exposición e realización de pequenos traballos e comentarios acordados polo curso serán tamén de interese para o plano xeral de docencia. |
5 |
CB1 CB2 CB5
|
CG1 CG2 CG5 CG7
|
CE3 CE6 CE7 CE10 CE16
|
CT2 CT10 CT11 CT12
|
Eventos científicos |
Eventualmente outras actividades como conferencias, coloquios, programas de tv, proxeccións de filme, etc. poderán ser obxecto de atención polo seu interese no obxecto da materia. |
8 |
CB1 CB2 CB5
|
CG1 CG2 CG5 CG7
|
CE3 CE6 CE7 CE10 CE16
|
CT2 CT8 CT9 CT10 CT11 CT12
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Unha ou varias probas de común acordo co alumnado será realizadas ao longo do curso. |
35 |
CB1 CB2 CB5
|
CG1 CG2 CG5 CG7
|
CE3 CE6 CE7 CE10 CE16
|
CT2 CT9 CT10 CT11 CT12
|
O alumnado semipresencial ha de comparecer de xeito presencial, ou telematicamente de ser necesario, para a realización desta proba. A proba consistirá nunha disertación manuscrita sobre un ou varios dos temas do programa así como no comentario (análise e interpretación) de un ou varios textos dos estudados no programa. No caso de que a docencia presencial non estiver permitida, por razóns sanitarias ou doutro índole, o total das recensións presentadas substituírá as porcentaxes de lección maxistral (30%) e de traballo tutelado (15%) e mesmo, se for o caso, de eventos científicos (20%), pasando, pois, a constituír o 65% do valor final da materia. |