Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Os alumnos e alumnas deben desenvolver as solucións apropiadas ou correctas mediante a aplicación de diferentes rutinas ou procedementos. O alumnado de réxime semipresencial poderá acceder aos exercicios que se traballaron nas clases prácticas a través da plataforma de teledocencia; poderá entregalos para a súa corrección e comentario, cando cumpra, a través dos medios dispostos (plataforma, correo electrónico, etc.) nos prazos que se determinen. |
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Recoméndase vivamente ao alumnado de réxime semipresencial que, de non poder asistir a esta sesión, na que se proporcionará información sobre o desenvolvemento e planificación do curso, póñanse en contacto coa docente por correo electrónico canto antes para tratar estes asuntos. |