Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma [réxime de avaliación continua]
Encarga 1 (25 %)
Encarga 2 (25 %)
Encarga 3 (25 %)
A nota deste apartado calcularase a partir de 3 encargas de tradución e de postedición que se entregarán de maneira regular ó longo do semestre e que se realizarán a distancia. Os prazos exactos fixaranse en función do volume de palabras e da dispoñibilidade do alumnado.
75 A1
A2
A3
C3
C4
C8
C17
C18
C22
C24
C25
C26
C27
D2
D4
D7
D9
D12
D13
D15
D16
D18
D24
Saídas de estudo [réxime de avaliación continua]
A saída de estudo serve para familiarizarse co lugar e as instalacións dunha entidade cultural que preste a súa colaboración para que o estudantado coñeza a súa política tradutora. As entidades poderán ser un museo, un espazo expositivo, un concello, un arquivo, unha oficina de turismo, unha asociación, unha ONG, unha empresa da industria cultural ou en xeral a organizadora dun evento.
Esta experiencia serve para compoñer un limitado corpus de textos para traducir ou para comentar.
En caso de un/ha alumno/a non poder participar nas saídas (por razóns xustificadas) o docente proporalle unha actividade paralela adaptada ás súas circunstancias.
De non ser posible organizar a saída de estudo, o esforzo de traballo correspondente pasará a converterse nunha cuarta encarga de tradución da metodoloxía da "resolución de problemas de forma autónoma".
25 A3
A4
A5
C3
C4
C8
C9
C12
C16
C24
C25
C26
D2
D3
D7
D8
D12
D13
D15
D16
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar ó docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua.

O alumnado que non se acolla ó réxime da avaliación continua ou que non xunte as condicións esixidas para seguir en réxime de avaliación continua (non entregar todas as encargas nos prazos sinalados ou non realizar as demais actividades) deberá presentarse ó exame final, que terá lugar consonte ás instrucións do docente e na data publicada pola facultade. O exame consistirá nunha proba escrita de tradución e unha proba escrita de resposta longa a modo de comentario sobre os procedementos de tradución aplicados.

O alumnado que suspenda o exame de decembro-xaneiro deberá presentarse ó exame final de xuño-xullo de 2024.

O exame da segunda edición de actas, en xuño-xullo de 2024, iniciarase o día da convocatoria oficial que estableza a Facultade. Consistirá nunha proba escrita de tradución e unha proba escrita de resposta longa a modo de comentario sobre os procedementos de tradución aplicados. A esa proba terá que presentarse o alumnado de avaliación continua que suspendese a primeira convocatoria, sen que se lle conserve ningunha das notas parciais que aprobase durante o período de clase.

Todas as probas se realizarán via plataforma de teledocencia e contarán cun prazo para o seu desenvolvemento.

OUTROS COMENTARIOS

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O docente poderá excluír do sistema de avaliación continua aquela persoa que de forma non xustificada falte a máis de tres sesións no cuadrimestre. O alumnado excluído do sistema de avaliación continua pasará a avaliarse polo sistema de avaliación única.

O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ó docente. Este arbitrará outros sistemas de control da participación na materia mediante traballos de curso con prazos na plataforma de teledocencia. Estes mesmos sistemas de control serán de aplicación en caso de modalidade mixta ou non presencial.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado dasúa responsabilidade neste aspecto.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000