O alumnado deberá informar o docente nas dúas primeiras semanas de clase da súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. O alumnado que non se acolla ó réxime da avaliación continua ou que non xunte as condicións esixidas para seguir en réxime de avaliación continua (non entregar todas as encargas nos prazos sinalados ou non realizar as demais actividades) deberá presentarse ó exame final, que terá lugar consonte ás instrucións do docente e na data publicada pola facultade. O exame consistirá nunha proba escrita de tradución e unha proba escrita de resposta longa a modo de comentario sobre os procedementos de tradución aplicados. O alumnado que suspenda o exame de decembro-xaneiro deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xuño-xullo de 2025. O exame da segunda edición de actas, en xuño-xullo de 2025, iniciarase o día da convocatoria oficial que estableza a Facultade. Consistirá nunha proba escrita de tradución e unha proba escrita de resposta longa a modo de comentario sobre os procedementos de tradución aplicados. A esa proba terá que presentarse o alumnado de avaliación continua que suspendese a primeira convocatoria, sen que se lle conserve ningunha das notas parciais que aprobase durante o período de clase. Todas as probas se realizarán via plataforma de teledocencia e contarán cun prazo para o seu desenvolvemento. OUTROS COMENTARIOS Presencialidade Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O docente poderá excluír do sistema de avaliación continua aquela persoa que de forma non xustificada falte a máis de tres sesións no cuadrimestre. O alumnado excluído do sistema de avaliación continua pasará a avaliarse polo sistema de avaliación única. O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ó docente. Este arbitrará outros sistemas de control da participación na materia mediante traballos de curso con prazos na plataforma de teledocencia. Estes mesmos sistemas de control serán de aplicación en caso de modalidade mixta ou non presencial. Plaxio A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero na convocatoria. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado dasúa responsabilidade neste aspecto. Teledocencia É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. |