Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado, o docente presentará a materia e a súa programación. Explicará os contidos, a metodoloxía, o funcionamento das cabinas e o sistema de avaliación
Lección maxistral Neste apartado o docente repasará co alumnado os perfis profesionais da interpretación, as modalidades da actividade e as técnicas de interpretación máis estendidas nas distintas situacións comunicativas. Repasaranse os esforzos implicados no proceso de interpretación. A encomenda de interpretación.
Tamén neste apartado trataremos as diferentes técnicas de interpretación simultánea para que os alumnos as poñan en práctica.
Prácticas de laboratorio Trataremos os criterios de avaliación da tradución á vista. Presentaremos as características, dificultades e estratexias propias da tradución á vista. Exercicios de análise, memoria, reactivación léxica, reformulación. Práctica da técnica da tradución á vista para logo seguirmos coa interpretación simultánea. Faranse exercicios de preinterpretación. Tradución á vista de diferentes tipos de texto e interpretación simultánea (Francés-Galego).
A finalidade é que o alumnado consiga interpretar de forma simultánea ao entender todos os contidos.
Debate O docente e os alumnos sentaranse para discutir, en forma de terapia, as dificultades que teñen á hora de facer os exercicios prácticos. O que se tentará procurar é que entre todos podan resolver problemas que vaian xurdindo ao longo do curso.
Estudo de casos Neste apartado visualizaremos vídeos e textos para tentar resolver dificultades que tería un intérprete á hora de traballar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000