Obradoiro |
Cada estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe da materia, expondo calquera dúbida ao respecto á docente desde as fases máis temperás da aprendizaxe, tanto na clase coma nas horas de titorías. Non se descarta a necesidade de máis dedicación da referida na guía docente, no caso de ter lagoas básicas de coñecementos esixidos como requisitos mínimos da materia. Mesmo neste caso, recoméndase que a/o estudante consulte as súas dúbidas canto antes para que a docente o/a axude a atopar formas de superalas a tempo. |
|