Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral As sesións maxistrais consistirán nunha exposición por parte da docente de todas as cuestións teóricas que resulten oportunas para desenvolver cada un dos temas que se imparten, o que inclúe cuestións tradutolóxicas mediante lecturas orientadas ó ámbito de traballo da tradución xurídica e administrativa e cuestións relativas ós contidos especializados desta materia.
Estudo previo Nestas sesións a docente proporcionará información sobre os temas que compoñen os textos que se traducirán. Insistirase na fase de documentación previa á realización de encomendas e traducións na aula. A docente recomendará certas fontes pero espérase que os alumnos tamén aporten documentación paralela que axude á realización das súas versións.
Traballo tutelado Realizaranse na aula varios exercicios de análise textual e de tradución supervisada, individuais e en grupo. Realizarase atención personalizada dos estudantes durante as titorías. A plataforma de teledocencia Moovi funcionará como medio para incluír os materiais necesarios para o deselvolvemento da materia e para a comunicación individualizada de calificacións, etc. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. A atención do alumnado que non asista ás clases realizarase unicamente no horario de titorías. Os períodos correspondentes coas revisións de traballos, encomendas e exames non superarán as 3 semanas e realizaranse durante as titorías do profesorado.
Resolución de problemas de forma autónoma Estas actividades consistirán, sobre todo, na tradución dos textos propostos nas sesións na forma de encomendas avaliables que deberán realizarse de maneira autónoma ou grupal.
Actividades introdutorias As actividades introdutorias consistirán na realización de microtraducións nas cales aparecerán reflectidos os principais problemas aos cales se enfrontan os tradutores xurídicos e administrativos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000