Na plataforma Moovi especificaranse as datas de entrega de actividades, probas e encargos de tradución inversa que terán un peso específico na cualificación da avaliación continua. En todas as probas propostas será imprescindible responder a todas as preguntas. No exame final da avaliación continua haberá tan só dúas probas de tradución inversa español-francés: unha na que non se permitirá o uso de dicionarios nin de ningún tipo de material, e outra na que si se permitirá o uso de dicionarios e de calquera tipo de material. A copia ou o plaxio serán penalizadas. Con respecto á corrección tanto de todas e cada unha das probas do curso como do exame final (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) cabe sinalar que se prestará unha especial atención ao dominio das normas ortográficas, morfológicas e sintácticas da lingua francesa. ¡Atención! Cometer más de tres faltas de ortografía en francés invalida calquera proba. No caso de alumnos que non se acollan á avaliación continua, o exame final da avaliación única (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) constará de tres probas: unha parte teórica (respostas redactadas completamente en francés a unhas preguntas teóricas do temario: valor 50%) e outra parte práctica que consistirá en catro probas escritas de tradución inversa español-francés: dous na que non se permitirá o uso de dicionarios nin de ningún tipo de material e outras dúas nas que si se permitirá o uso de dicionarios e de calquera tipo de material. Ademais, concertarase unha cita co profesor para a realización de unha proba oral na que o alumnado responderá, en francés, ás preguntas formuladas polo profesor. A convocatoria de xullo consistirá nun exame que constará das mesmas partes que a avaliación única, que se acaba de describir no parágrafo anterior. Nesta convocatoria de xullo as notas de evaluación continua obtidas polo alumnado que se acolló á evaluación continua seguirán contando na nota final da materia. |