Esta materia pretende desenvolver e afianzar unha competencia tradutora entre o francés e o galego que permita unha posterior profundización en diferentes ámbitos de especialidade. Esta meta conseguirase mediante obxectivos metodolóxicos, profesionais, contrastivos e textuais para ofrecer ferramentas, estratexias e solucións aos problemas xerais da actividade tradutora do francés ao galego.