Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Estes traballos consisitirán en traducións realizadas na aula, traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula. Para a avaliación terase en conta a participación activa. Será obligatoria a entrega de polo mentos tres (3) traducións para a súa corrección e avaliación. 15
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse e entregaranse dúas (2) encomendas de tradución que recollerán as dificultades e especificidades das traducións realizadas nos traballos de aula. 20
Estudos/actividades previos
O alumnado contestará un cuestionario relativo aos contidos das lecturas obrigatorias.
5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse na aula dúas (2) probas de tradución con tempo limitado (2 horas cada proba). Soamente se poderá usar documentación en papel que deberá levar o alumnado. No se poderá empregar ordenador. Permitirase únicamente o uso de libros e dicionarios pero non de apuntes propios ou similares. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar a profesorado nas dúas primeiras
semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non.
En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao
80% das horas presenciais.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha calificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo.

Oalumnado que non se acolla á avaliación continua, poderá realizar un exame final e único na última semana do curso. Este exame consistirá en:

1. Tradución directa con tempo limitado (2 horas): 60% da nota.
Soamente se poderá usar documentación en papel que debe levar o
alumnado e non se poderá empregar o ordenador. Permitirase unicamente o
uso de libros e dicionarios, pero non de apuntes propios ou similares.

2.

Encomenda de tradución directa que recibirá o alumnado o día do exame e
que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda
nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota.

3. Cuestionario relativo ás lecturas (10%).

A nota mínima para facer a media entre ambas as partes será dun 4 sobre 10.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA OFICIAL DE XULLO

O alumnado que non se acolla á avaliación continua presentarase nas datas oficiais establecidas pola facultade a unha proba que
consistirá en:

1. Tradución directa con tempo limitado (2 horas):
60% da nota. Soamente se poderá usar documentación en papel que debe
levar o alumnado e non se poderá empregar ordenador. Permitirase
unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntes propios ou

similares.

2. Encomenda de tradución directa que recibirá o alumnado o
día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións
especificadas na encomenda nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota.

3. Cuestionario relativo ás lecturas (10%).

A nota mínima para facer a media entre ambas as partes será dun 4 sobre 10.

O plaxio ou copia calificarase cun 0, que computará para nota
final. O exercicio ou trabajo que sexa obxecto de copia ou plaxio non
se poderá repetir.

Tres faltas de ortografía en calquera traballo ou exame realizado suporá unha calificación de suspenso nese traballo ou exame

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000