Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución, de modo autónomo, de encargos e/ou probas que reproduzan as características da práctica profesional e que estarán distribuídos ao longo do período de docencia. 100 A2
A4
A5
C2
C3
C10
C18
C24
C30
D1
D4
D7
D15
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cada un dos docentes desta materia correspóndelle avaliar o 50% da nota final.


Criterios de avaliación referentes ao profesor Xoán Montero Domínguez:

Avaliación continua

O alumnado deberá informar o profesorado sobre a elección de acollerse ou non á avaliación continua. En caso de aprobar todas as probas con nota igual ou superior a 5/10, considerarase que o alumnado aprobou a avaliación continua. Non se fai nota media. De non aprobar a avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria de xullo. 

- Proba dos contidos teóricos (10% da nota): décima semana de clase, previa consulta co alumnado. 

- Proba de tradución PT-ES (40% da nota): última semana de clase, previa consulta co alumnado 

Avaliación única: 

O alumnado que non siga a avaliación continua deberá realizar un exame a finais do cuadrimestre (avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente, así como das lecturas obrigatorias indicadas na plataforma de teledocencia Moovi. 

O exame da convocatoria de maio (avaliación única) e de xullo consistirá na realización dunha tradución do portugués ao castelán dun texto audiovisual (que contará o 40% da nota), así como do control das lecturas obrigatorias (que contará o 10% da nota). Non se fará nota media. O alumnado que suspenda algunha das partes, deberá avaliarse de todos os contidos da materia na convocatoria de xullo. A proba de avaliación única terá lugar na data oficial marcada polo decanato. 

O alumnado que suspenda a convocatoria de maio, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo. 

As faltas de ortografía penalizaranse con 1 punto/erro. 

Penalizarase a copia ou plaxio. 

É responsabilidadedo alumnado consultar os materiais e as novidades relativas á materia a través da plataforma MOOVI, así como estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación terán lugar.

Expóñense os criterios de avaliación referentes a Jacobo Currais Arcay:

A avaliación continua correspondente ao
segmento da materia impartido por este docente realizarase a partir dun ou
varios encargos e/ou probas de tradución que reproduzan as características da
práctica profesional e que consistan en textos de xéneros textuais traballados
na aula. Poderá esixirse que algún dos mencionados encargos e/ou probas de
tradución se leve a cabo durante horas de aula e con acceso limitado a recursos
dispoñibles na Internet. A nota final correspondente a este tramo da docencia
será a media aritmética das puntuacións obtidas nos encargos e/ou probas de
tradución realizados e terá un valor máximo de 5 puntos no conxunto da
cualificación da materia. Na modalidade de avaliación única, o exame, que se
celebrará nas datas estabelecidas no calendario oficial, consistirá na súa
parte correspondente á docencia de Jacobo Currais Arcay nunha tradución dun
texto pertencente a algún dos xéneros textuais traballados durante o curso.

A copia ou plaxio nos traballos de tradución,
nas encargas de tradución e/ou no exame terá como consecuencia unha
cualificación global negativa. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. 
É responsabilidade do alumnado consultar os
materiais e as novidades relativas á materia a través da plataforma MOOVI, así
como estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
Esta materia non está dirixida á aprendizaxe
do español nin do portugués. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do
seu idioma 2. Para poder cursar a materia recoméndase como mínimo un nivel B2
de español.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000