Presentación da materia ao alumnado e orientación xeral sobre a mesma.
Diagnóstico inicial para detectar os coñecementos previos do alumnado e descubrir os seus intereses e motivacións.
Explicación detallada do proceso de avaliación que se seguirá na materia.
Lección maxistral
Presentación e explicación dos contidos da materia.
Resolución de problemas de forma autónoma
Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos e as destrezas comunicativas traballados na materia e tomados de diversas fontes, a realizar polo alumnado de forma autónoma dentro ou fóra da aula.
Resolución de problemas
Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos e as destrezas comunicativas traballados na materia e tomados de diversas fontes.