AVALIACIÓN CONTINUA: As tarefas previstas para avaliación continua serán entregadas/realizadas segundo estas datas aproximadas: - Proba práctica (tarefas de comprensión oral e escrita) (20%): mediados de outubro - Traballo escrito de resumos de lecturas, etc. (10%): mediados de novembro - Presentación oral do devandito traballo (10%): mediados de novembro - Proba final teórico-práctica (60%): mediados de decembro (última semana de docencia; a data publicarase en Moovi). Será de contido práctico e teórico (40%
de aplicación da parte teórica e 20% de avaliación da expresión escrita). Tamén se terá en conta a participación activa no curso. Solo
computarán para facer a media as probas o traballos cun mínimo
dun valor de 4/10 En caso de plaxio, anota final é de suspenso. Teráse en conta para a avaliación: a lectura do libro como destreza de comprensión lectora, a expresión oral, a argumentación, expresión escrita e a gramática vista ao longo do curso. AVALIACIÓN ÚNICA: Haberá unha única proba que constituirá o 100% da nota final. O exame para o alumnado de avaliación única será na data establecida no calendario de exames da FFT. Os alumnos que non superen a avaliación continua e os que non se presentaron ao Final, farán en xullo unha proba final que contará o 100% da nota (30/70parte práctica e teórica) na data establecida no calendario de exames da FFT. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido dasrespostas senón tamén a súa corrección lingüística. |