Un bo nivel en lingua galega favorecerá a comprensión dos contidos de lingua portuguesa nesta materia.
A lectura e a audición de textos en lingua portuguesa axudan a aumentar o léxico e a fluidez en lingua portuguesa.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.