|
Avaliación continua Para poder optar á avaliación continua, o alumnado deberá cumprir todos os seguintes requisitos: presentarse ao exame, entregar o traballo tutelado e realizar a súa presentación oral. Canto ao traballo tutelado establecerase un prazo específico para a inscrición dos grupos e para a comunicación da temática escollida. O alumnado que non formalice esta inscrición dentro do prazo establecido entenderase que renuncia á avaliación continua e, por tanto, enderase automaticamente que escolle a avaliación única. O exame farase ó final do período lectivo e poderá recuperarse na data oficial de exame fixada pola Facultade. Para aprobalo é preciso obter, no mínimo, un un 5. A superación do exame condiciona o aprobado da materia. O traballo tutelado e a súa presentación só suman nota, non condicionan o aprobado da materia polo que, de suspender esta parte, non poderá recuperarse. A nota final será a suma ponderada das puntuacións obtidas en cada elemento da avaliación, suma que deberá chegar ós 5 puntos. Avaliación única O estudantado que non se acolla á avalición continua, é dicir, que escolla a avaliación global, realizará na data oficial de exame unha proba escrita por valor do 100% da materia. O mesmo sistema seguirase co estudantado que se presente á segunda edición das actas. Calquera tipo de plaxio será penalizado co suspenso. |