Educational guide 2026_27
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación I: Informática
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Ferramentas para a tradución e a interpretación V: Informática avanzada/V01G230V01931
Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Español/V01G230V01923
Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego/V01G230V01922


 
Outros comentarios
1) É responsabilidade do alumnado consultar no MooVi e nos espazos web do profesorado da materia (de existiren) toda a información e documentación publicadas, así como as actualizacións que se incorporen durante o curso académico. 2) Esta materia permite adquirir coñecementos e destrezas no manexo de ferramentas informáticas básicas de carácter xeral ('hardware' e 'software') relacionadas coa tradución. Para adquirir coñecementos e destrezas no manexo de ferramentas informáticas especializadas relacionadas coa tradución e, especialmente, coa tradución multimedia (tradución audiovisual e localización), considérase imprescindible cursar no 4.º curso do grao: a) A materia 'Ferramentas para a tradución e a interpretación V: Informática avanzada', que consolida e amplía os coñecementos e as destrezas relativos ás ferramentas informáticas de tradución asistida adquiridos na materia de 1.º curso do grao. Ademais, proporciona unha primeira aproximación ás ferramentas informáticas especializadas empregadas na localización de páxinas web, programas informáticos e videoxogos. b) Algunha das combinacións lingüísticas da materia 'Tradución de medios audiovisuais', que proporciona unha primeira aproximación ás ferramentas informáticas especializadas empregadas no subtitulado, na dobraxe e noutras modalidades complementarias da tradución audiovisual. Deste xeito, poderá acadarse un dominio satisfactorio dos coñecementos e das destrezas relativos ás principais ferramentas informáticas ('hardware' e 'software') vinculadas á práctica profesional da tradución e da interpretación e recollidos na listaxe de competencias xenéricas e especializadas do grao. 3) Dado que o desenvolvemento e a avaliación da materia comprenden tanto as horas de traballo presencial na aula de informática como as horas de traballo autónomo do alumnado, considérase imprescindible para o adecuado seguimento da materia asistir ás primeiras sesións introdutorias (3 horas), no grupo asignado. Estas sesións, desenvolvidas consonte o modelo de aula invertida ('Flipped Learning'), permitirán coñecer o funcionamento da materia, os seus contidos, a planificación, as metodoloxías docentes e os mecanismos de seguimento da docencia. En particular, o alumnado disporá da información necesaria para decidir a modalidade de avaliación que desexa seguir. 4) A copia ou o plaxio, total ou parcial, en calquera encomenda ou proba de tipo test considerarase unha actuación fraudulenta e suporá automaticamente a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación correspondente, sen prexuízo das demais consecuencias que poidan derivarse consonte a normativa vixente. A alegación de descoñecemento do que constitúe un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. 5) Uso da intelixencia artificial xerativa (IAX) na materia. A intelixencia artificial xerativa (IAX) poderá empregarse na elaboración das diferentes tarefas da materia, sempre que o profesorado responsable non indique expresamente o contrario. Cando o seu uso estea autorizado, o alumnado deberá incluír sempre unha 'Declaración de uso da intelixencia artificial xerativa (IAX)', elaborada a partir do modelo recollido no Anexo B de Caeiro Rodríguez, M. (ed.) (2026), 'A intelixencia artificial xerativa na práctica académica: manual para un uso crítico, ético e responsable', publicado pola Universidade de Vigo. Pódese empregar o seguinte modelo: Título do traballo: [TÍTULO] Materia: [TFG / TFM / OU MATERIA] Titulación: [TITULACIÓN] Curso académico: [2026/2027] Autor/a: [NOME E APELIDOS] Algúns dos contidos incluídos neste traballo foron producidos coa axuda de intelixencia artificial xerativa: Finalidade do uso de intelixencia artificial xerativa: (Marque todas as que correspondan) - Xeración de texto: [NOME(S) DA FERRAMENTA(S)] - Xeración de imaxes: [NOME(S) DA FERRAMENTA(S)] - Xeración de código fonte: [NOME(S) DA FERRAMENTA(S)] - Edición e/ou cambios no formato de contidos existentes: [NOME(S) DA FERRAMENTA(S)] - Revisión de texto e/ou axudas á redacción: [NOME(S) DA FERRAMENTA(S)] - Outros (indicar): (Indicar usos pertinentes de IAX... ) : [NOME(S) DA FERRAMENTA(S)] Observacións: (Proporcione máis detalles sobre o uso de IAX, segundo o indicado no apartado anterior. Por exemplo: instrución empregada, contidos específicos que foron xerados, modificacións realizadas ... ) [LUGAR, DATA] [SINATURA] 6) Calquera aspecto relacionado con esta materia que non estea previsto nesta guía docente será analizado polo profesorado responsable consonte a normativa vixente. O alumnado será informado coa maior brevidade posible.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000