Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación I: Informática
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Ferramentas para a tradución e a interpretación V: Informática avanzada/V01G230V01931
Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Español/V01G230V01923
Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego/V01G230V01922


 
Outros comentarios
1) É responsabilidade do alumnado da materia consultar no MooVi e/ou nos espazos web do profesorado da materia (de existir) toda a información e documentación contida nos mesmos, así como as actualizacións que poidan ter lugar nestes durante o curso académico. 2) Esta materia proporciona a adquisición de coñecementos e destrezas das ferramentas informáticas básicas (hardware e software) de tipo xeral relacionadas coa tradución. Para adquirir coñecementos e destrezas no manexo de ferramentas informáticas especializadas relacionadas coa tradución, e, sobre todo, relacionadas co ámbito da tradución multimedia (tradución audiovisual e localización), considérase imprescindible cursar no 4º curso do Grao: i) A materia de 'Ferramentas para a Tradución e Interpretación V: Informática avanzada' [que consolida e amplía os coñecementos e destrezas das ferramentas informáticas de tradución asistida adquiridos na materia de 1º curso do grao; e, ademais, proporciona una primeira aproximación aos coñecementos e destrezas das ferramentas informáticas especializadas empregadas na tradución multimedia (no apartado da localización: a localización de páxinas web, a localización de programas informáticos, e, a localización de videoxogos)]; e; ii) Algunha das combinacións lingüísticas da materia de 'Tradución medios audiovisuais' [que proporciona una primeira aproximación aos coñecementos e destrezas das ferramentas informáticas especializadas empregadas na tradución multimedia (no apartado da tradución audiovisual: o subtitulado, a dobraxe, e, outras modalidades menores)]. Deste xeito pódese atinxir un dominio satisfactorio dos coñecementos e das destrezas das principais ferramentas informáticas (hardware e software) relacionadas coa práctica profesional da tradución e a interpretación glosados na listaxe de competencias do Grao (xenéricas e especializadas). 3) Dado que para o desenvolvemento e a avaliación da materia atinxen tanto as horas de traballo presenciais na aula informática como as horas de traballo persoal autónomo do alumnado, considérase imprescindíbel a asistencia do alumnado ás primeiras sesións (3 horas) introdutorias da materia (no grupo que teña asignado/a), realizadas seguindo o modelo de Aula Invertida (ou "Flipped Learning") coa finalidade de estar informados/as do funcionamento da materia, dos contidos, da planificación e metodoloxías docentes que vanse empregar, dos mecanismos de seguimento da docencia, etc. En particular, o alumnado vai poder contar coa suficiente información para poder decidir a modalidade de avaliación que quere seguir. 4) A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de encomenda ou proba tipo test suporá, automaticamente, a cualificación de suspenso/a (0,0 puntos) na cualificación da materia desa oportunidade da materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao estudantado da súa responsabilidade neste aspecto. 5) Calquera aspecto relacionado con esta materia que non estea contemplado nesta Guía Docente da materia será analizado polo persoal docente desta materia; e, unha vez analizado, o alumnado da materia será informado o antes posible.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000