Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación I: Informática
   Contidos
Tema Subtema
Tema-1. Introdución á materia. 1.1. Pautas básicas a seguir na materia.
1.2. Metodoloxía docente empregada na materia: a aprendizaxe baseada en problemas ABP.
1.3. O proceso profesional da tradución: fases e ferramentas informáticas (hardware e software) asociadas.
1.4. Contidos da materia.
1.5. Dificultades intrínsecas da aprendizaxe e adopción de novas tecnoloxías.
Tema-2. Tradución e tecnoloxías: a ofimática avanzada aplicada á tradución. 2.1. Introdución á ofimática avanzada aplicada á tradución: os procesadores de texto, as follas de cálculo, a telemática e as bases de datos.
2.2. Funcións avanzadas dos procesadores de texto e das follas de cálculo relacionadas co ámbito profesional da tradución e coa maquetación profesional de documentos.
2.3. A telemática, e a creación, tradución e hospedaxe de páxinas web.
2.4. Os programas lexicográficos, as bases de datos e as follas de cálculo relacionados co ámbito profesional da tradución.
Tema-3. Tradución e tecnoloxías: a tradución (totalmente) automática T(T)A, a tradución asistida por ordenador TAO, a posedición PE e a intelixencia artificial IA. 3.1. Introdución á traducción (totalmente) automática T(T)A, á tradución asistida por ordenador TAO e a posedición PE.
3.2. A traducción (totalmente) automática T(T)A.
3.3. A tradución asistida por ordenador TAO.
3.4. A posedición PE.
3.5. A intelixencia artificial IA: amiga ou inimiga?
Tema-4. Tradución, novas tecnoloxías e accesibilidade: a tradución multimedia TM. 4.1. Introdución á tradución multimedia TM: a tradución audiovisual TAV, a localización L10N e a accesibilidade.
4.2. A tradución audiovisual TAV: a dobraxe, o subtitulado e as modalidades menores.
4.3. A localización L10N: a localización de páxinas web, a localización de programas informáticos e a localización de videoxogos.
4.4. A accesibilidade: o subtitulado para xordos e/ou con deficiencias auditivas SPS, a audiodescrición AD, a interpretación en lingua de signos LS(E/G) e a lectura fácil LF.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000