É unha materia de primeiro curso que ofrece unha visión global do alemán aos estudantes do Grao en Tradución e Interpretación. Para cursala non se esixen coñecementos previos de alemán, pois está concibida como unha iniciación á aprendizaxe e á adquisición dos coñecementos básicos tanto teóricos como prácticos da lingua e da cultura alemás. Ao superar a materia, a/o estudiante acadará o nivel A1.1. segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.